María's profileO recuncho de MariquiñaPhotosBlogListsMore ![]() | Help |
|
8/14/2005 A miña primeira vezAyy!! Que ilu!!! A ver que sae deste blog piloto tendo en conta que non existe sobre a faz da terra persoa máis inconstante ca min. Sigo a pensar que coma o papel e o lápis non hai nada pero, de tódalas maneiras, debo admitir que semella interesante isto de poñer a navegar os teus máis íntimos e non tan íntimos pensamentos e así poder compartilos cos demáis. Non che sei case nadiña dun mundo coma este, o meu non é estar aillada diante desta porta a tantas cousas máis tempo do que por obligación teño que estar, pero aquí estou disposta a demostrar que non son allea ás novas formas de comunicación. Ademáis din que isto é o futuro do xornalismo independente ¿non?¿Poderei considerarme xornalista independente se colgo aquí a miña particular visión do mundo? Non sei. De momento o que sí son é unha "webblogger" ¿a qué mola? E isto que estou a escribir chámase "post", e... Vale! Seguro que xa o sabedes todo pero ¡¡deixádeme disfrutar da miña primeira vez!! Un bico a todas e todos os que veñades a mirar polo buratiño da porta que da á miña vida. Ah! E deixade as vosas mensaxes, eh?! Comments (4)
TrackbacksThe trackback URL for this entry is: http://munin3.spaces.live.com/blog/cns!EB558C667952A271!108.trak Weblogs that reference this entry
|
|
|