María 的个人资料O recuncho de Mariquiña照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
|
2005/8/16 Búscase destino"Búscase destino atractivo e disposto a satisfacer a 30 persoas. Ofrécense 500 € (negociables)" . Como poñer un anuncio no xornal é o único que nos falta, ¿que vos parece éste? E é que o "Circuito Gran Turquía" que tiñamos preparado para a viaxe de Paso de Ecuador foise á porra despois de que se desatara a histeria entre algúns dos meus compañeiros, "xornalistas de despacho", debido ós atentados que se produciron alá. Saímos o 3 de outubro e a 16 de agosto non sabemos a onde iremos parar. O noso destino é incerto. E non é existencialismo. Como non perdo a esperanza de visitar a "fermosa Estambul, antigua Constantinopla, capital de tres imperios" envíolle dende aquí unha mensaxe a Alba para que se prepare a sacarme "moníísima" (como di miña irmá cada vez que se admira no espello) nesas fotos tortas que tanto nos gustan. Pichu! Quero unha coa Mezquita Azul de fondo así coma ésta!!
引用通告此日志的引用通告 URL 是: http://munin3.spaces.live.com/blog/cns!EB558C667952A271!114.trak 引用此项的网络日志
|
|
|