María 的个人资料O recuncho de Mariquiña照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
|
O recuncho de Mariquiña"Conserva tus sueños, los cuerdos no los tienen tan bellos como los locos" 2005/8/24 CambiosDe aquí en diante poderedes visitarme en www.mariquinhadevedra.blogspot.com. Cambios, cambios, cambios,... 2005/8/16 A CoruñaAmigos e amigas que me criticastes, sen darme un voto de confianza, porque no meu perfil castelán aparece La Coruña en vez de A Coruña. Que sepades que no recadro das provincias a opción xa viña predeterminada. Xa vedes, a sombra de Paco Vázquez é alongada. Eu xamais cometería un erro desas características. Como bilingüe 100% que son, falo galego un pouco e castelán outro pouco pero ás cousas chámolle polo seu nome. A miña provincia é A Coruña e a cidade que tanto amas, Gabi, é A Coruña, por moito que che pese a ti e a Paquiño. Polo tanto a miña argumentación segue en pé, intacta e rexa coma ela soa. Apúntame un tanto e ...cuando nos veamos las caras seguimos a discutir, si? Besiños. Búscase destino"Búscase destino atractivo e disposto a satisfacer a 30 persoas. Ofrécense 500 € (negociables)" . Como poñer un anuncio no xornal é o único que nos falta, ¿que vos parece éste? E é que o "Circuito Gran Turquía" que tiñamos preparado para a viaxe de Paso de Ecuador foise á porra despois de que se desatara a histeria entre algúns dos meus compañeiros, "xornalistas de despacho", debido ós atentados que se produciron alá. Saímos o 3 de outubro e a 16 de agosto non sabemos a onde iremos parar. O noso destino é incerto. E non é existencialismo. Como non perdo a esperanza de visitar a "fermosa Estambul, antigua Constantinopla, capital de tres imperios" envíolle dende aquí unha mensaxe a Alba para que se prepare a sacarme "moníísima" (como di miña irmá cada vez que se admira no espello) nesas fotos tortas que tanto nos gustan. Pichu! Quero unha coa Mezquita Azul de fondo así coma ésta!!
2005/8/14 A miña primeira vezAyy!! Que ilu!!! A ver que sae deste blog piloto tendo en conta que non existe sobre a faz da terra persoa máis inconstante ca min. Sigo a pensar que coma o papel e o lápis non hai nada pero, de tódalas maneiras, debo admitir que semella interesante isto de poñer a navegar os teus máis íntimos e non tan íntimos pensamentos e así poder compartilos cos demáis. Non che sei case nadiña dun mundo coma este, o meu non é estar aillada diante desta porta a tantas cousas máis tempo do que por obligación teño que estar, pero aquí estou disposta a demostrar que non son allea ás novas formas de comunicación. Ademáis din que isto é o futuro do xornalismo independente ¿non?¿Poderei considerarme xornalista independente se colgo aquí a miña particular visión do mundo? Non sei. De momento o que sí son é unha "webblogger" ¿a qué mola? E isto que estou a escribir chámase "post", e... Vale! Seguro que xa o sabedes todo pero ¡¡deixádeme disfrutar da miña primeira vez!! Un bico a todas e todos os que veñades a mirar polo buratiño da porta que da á miña vida. Ah! E deixade as vosas mensaxes, eh?! |
|
|||||||
|
|